O narrador Tim Bowley vai impartir un curso de contacontos
para adultos, co lema Sementes ao vento, que se celebrará en
LIBROS PARA SOÑAR os días 26 e 27 deste mes. O curso está
dirixido a docentes e profesionais relacionados co ensino,
animadores de tempo libre, libreiros, bibliotecarios e persoas
interesadas na narración oral como estratexia para animar a ler
e como medio de expresión dirixido ao público infantil.
Este narrador británico afincado en Galicia é especialista en historias da tradición oral de todo o mundo.
Ten publicados dous álbums infantís, “Xaime e as landras” e “Amelia quere un can”, ambos en
KALANDRAKA. Tamén é autor dunha antoloxía narrativa editada en 1990 no Reino Unido e do libro de relatos “Semillas al viento: cuentos del mundo”, publicado en 2001.
Con máis de 20 anos de experiencia como contacontos, Tim Bowley ten actuado en numerosos países.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.