28/05/09

Os de sexto e a Galipedia

Os alumnos e alumnas de sexto seleccionaron e prepararon información sobre Iván Costa Blanco, e con ela crearon a súa páxina na Galipedia ( a wikipedia en galego) .
E un traballo que lles gustou moito, pola trascendencia que ten. Para eso contamos coa axuda do propio Iván, que nos envio a información necesaria.

Clica AQUÍ  para ter acceso á páxina:

26/05/09

Club de lectura


O club de lectura do cole prepara a derradeira xuntanza do curso . Esta vez están a ler o libro

"Bala perdida" de Manuel Rivas.


Novidades na biblioteca

Seguimos pouco a pouco aumentando a nosa colección. Estos días entran na biblioteca novos libros de pedagoxía para as familias, de matemáticas, de cine, de...
Mellor entra no noso club de lectura para saber as novidades que temos.



Competencia Informacional e biblioteca

Atopamos este interesante documento:
PRESENTACION PLEI
PRESENTACION PLEI chelo un breve esquema de la presentación de la parte de investigacion del plan lector de Asturias (Spain)


19/05/09

Lemas

Aquí tedes algunha imaxe da entrada do cole, cos fermosos lemas que as familias nos enviaron:


Festival letras galegas 2009

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.

As familias e o galego

Neste mes pedimos ás familias que colaboraran connosco na celebración das Letras galegas, creando un lema ou frases sobre o galego.Estes son algún:



O claustro agradece a estupenda colaboración das familias.

18/05/09

Festival das Letras

Mañá teremos o festival das Letras Galegas do cole.
Este é o programa:

"Rataferoz" 5º.Teatro
"Media volta" 1º. Danza
"A galiña azul" 3º .Teatro
"Pin Pon" 2º. Canción.
"O polo Pepe". 3 e 4 anos. Canción.
"Ronsel da lingua" 4º. Música.
"Son de muiñeira" 3º. Danza con acompañamento de Xabier Blanco
"Peza de gaita". Xabier Blanco
"Os tres porquiños" 5 anos. Canción.
"Falemos galego" 5º. Pandeiretas
"Na beira do mar" 6º. Frauta.
"A verdadeira historia de Carapuchiña" 6º. Teatro

Centro cultural Daniel Castelao
Martes 19 as 4 da tarde.

16/05/09

Ramón Piñeiro

O equipo de Normalización do noso cole preparou esta pequena biografía de Ramón Piñeiro:

15/05/09

As familias colaboran


Este ano pedimos ás familias a súa colaboración, facendo un lema sobre o uso do galego. A colaboración está sendo moi boa, como é habitual.
Os lemas gustannos moito, e pouco a pouco van enchendo o cole. Pronto veredes as fotos con todos os lemas.
Mentras tanto, deixámosvos con esta foto cunha pequena exposición de libros de Galaxia, a editoria fundanda por Ramón Piñeiro. Para facer a exposición, pedímoslle aos alumnos de varios cursos que buscaran os libros na biblioteca. Pronto descubriron que libros como o Principiño, ou Harry Potter, estaban nesta editorial.

14/05/09

Biblioteca dixital mundial

Vimos de enlazar no menú lateral unha páxina moi interesante:A biblioteca dixital mundial.
Os seus fins son achegar recursos culturais aos educadores.Veredes que trae documentos de todo tipo, de diferentes partes do mundo.

E un proxecto que naceu da colaboración da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e a Unesco.

(Visto en A profa)

13/05/09

In memoriam

Páxinas interesantes

Na rede descubrimos algunhas páxinas interesantes. Premendo na imaxe podedes acceder á páxina oficial de Sherlock Holmes, o famoso detective.
Na páxina ides atopar fotos, vídeos, a biografía do autor,..Tamén atopamos a páxina de Enid Blyton, a autora dos famosos cinco, que eran dous nenos, dúas nenas e,...un can. Xuntos resolvían misterios e vivían moitas aventuras.


Na biblioteca do cole tedes libros dos Cinco e de Sherlock Holmes.

10/05/09

Canta con Migallas

As compañeiras dos equipos de Normalización e de Biblioteca do Ceip Mestre Martínez Alonso de Vigo achégannos esta fermosa montaxe coa canción do grupo Migallas "O rap da lingua":


O RAP DA LINGUA (MIGALLAS)

QUE FALEMOS EN GALEGO
É UNHA COUSA NATURAL,
COMA A CHUVIA NO INVERNO
E A CALOR NO VERÁN.

EN GALEGO! XA! SI! (BIS)

AINDA HAI PAIS QUE NON LLES FALAN
ÓS SEUS FILLOS EN GALEGO
PORQUE PENSAN QUE É UNHA LINGUA
PARA POBRES E "PALETOS".

AOS TEUS PAIS ANIMARÁS
A FALARCHE EN GALEGO,
QUE NON CHE VAN SAÍR GRANS
NIN TAMPOUCO CAE O PELO.

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE Ó IR Ó INSTITUTO
NON QUEREN FALAR GALEGO
PORQUE DIN QUE É MONTUNO.
MAIS SE ALGUÉN CHE FAI TILÍN
E O QUERES NAMORAR
FAILLE AS BEIRAS EN GALEGO,
DE SEGURO LIGARÁS!

HAI RAPACES E RAPAZAS
QUE QUEREN FALAR GALEGO
PERO AÍNDA NON O FALAN
PORQUE DIN QUE TEÑEN ERROS.

ANQUE O FALES TODO O DÍA
NON CHE PODE SENTAR MAL.
NIN DÁ MOCOS, NIN DÁ FEBRE.
FAI A PROBA E XA VERÁS!

FALEMOS A NOSA LINGUA
QUE É UNHA LINGUA MOI MODERNA,
NAS ESCOLAS E NAS CASAS
NAS CIDADES E ALDEAS.

En galego! Xa! Si!

08/05/09

Traballando a oralidade na nosa lingua

Os audiovisuais axúdannos a traballar a oralidade e a capturar intereses cara actividades que se desenvolven no entorno das TICS. Temos un novo, ven de Infantil cun recitado dun trabalinguas. Podedes velos tamén en audiobiblio.

07/05/09

Maio, mes das Letras galegas

Como é tradicional no cole de Quintela, imos adicar todo o mes de maio ás Letras Galegas.
O EDNL do cole recolle nunha páxina unha escolma de recursos web sobre Ramón Piñeiro, que é o autor homenaxeado este ano. Está no menú lateral do blog.
Non esquezades facer as excelentes actividades que preparou o Seminario Galán.
Entrade directamente :



No blog Dinamiza Normaliza, podedes atopar información interesante sobre a nosa lingua.

04/05/09

Libros do mundo

Rematando xa o proxecto deste curso, temos unha exposición de libros do mundo, e traballos documentais das clases sobre diferentes paises do mundo. Para a exposición contamos con libros prestados pola biblioteca municipal, e polos compañeiros da biblioteca CEIP Seara de Moaña:




Edicións Quintela presenta..


Edicións "Quintela" ten dúas novidades:
"Paco quere saber" e "Abril mes dos libros"
O primeiro é un libro onde se atopan todas as respostas ás preguntas que a nosa mascota Paco fíxonos no día das bibliotecas escolares.
O segundo é un traballo feito por algunhas alumnas de sexto seguindo as tarefas dunha miniquest.

03/05/09

Cal é o lugar máis chuvioso do mundo?

Cantos habitantes ten China?Cal é a montaña máis alta do mundo?
Onde está o lugar máis chuvioso do mundo?
Cal é o pais do mundo con máis superficie?


Si queres saber sobre ríos, lagos, mares e océanos,...
aquí tedes unha páxina onde ver esas curiosidades .Entra na imaxe:


Agradecemento a outros blogs

Queremos agradecer a outros blogs os agasallos que nos foron deixando ao longo do mes de abril no noso blog. Os agasallos foron os que seguen:


Os agasallos chegáronos de estes blogs:
Os nosos desexos son que sigan aí, na blogosfera, compartindo e mostrando o seu traballo de "formigas investigadoras".
E pasámoslle os agasallos a todos os que nos siguen, e a todos aqueles a quen seguimos.

01/05/09

Audiocontos

Aquí tedes un audioconto. Basta con premer no conto que che guste, e ¡ a disfrutar!! . Nos esquezas encender os altavoces do teu ordenador.
Os vimos en ANB.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...