Este ano pedimos ás familias a súa colaboración, facendo un lema sobre o uso do galego. A colaboración está sendo moi boa, como é habitual.
Os lemas gustannos moito, e pouco a pouco van enchendo o cole. Pronto veredes as fotos con todos os lemas.
Mentras tanto, deixámosvos con esta foto cunha pequena exposición de libros de Galaxia, a editoria fundanda por Ramón Piñeiro. Para facer a exposición, pedímoslle aos alumnos de varios cursos que buscaran os libros na biblioteca. Pronto descubriron que libros como o Principiño, ou Harry Potter, estaban nesta editorial.
Unha iniciativa moi interesante e con moi bos resultados polo que vexo. Tomamos nota.
ResponderEliminarBicossss.