29/01/09

30 de Xaneiro. Conspiración pola Paz


  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.

  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.
    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.
    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.



    • A continuación tedes na voz de tres alumnos de sexto do noso cole, algúns dos poemas que escolleron para recitar neste día:












      Outros disparos:
      Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
      O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
      Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
      Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
      Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
      Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
      Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
      Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
      Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
      Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
      Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
      Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
      Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
      Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
      Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
      Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
      Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis



      --------------------------------------------------------------------------------

      Pola paz

      Mañá celébrase o Día da Paz. Como o ano pasado, os blogs das bibliotecas escolares unímonos para facer un traballo colaborativo .Nel, nenos e nenas de distintos colexios, procedentes de outros paises, recitan poemas na súa lingua materna.
      Mentras esperamos a ver esa entrada, invitámosvos a que vexades o vídeo que os nenos e nenas de 5º e 6º viron hoxe na escola.
      Titúlase "Binta y la gran idea", e trata dunha nena que,...
      Non vos imos a contar nada. Mellor buscade asento, e disfrutade desta sesión de cine. Xa nos contaredes que vos parece:

      25/01/09

      Todos e todas a investigar

      O venres todos os cursos recibiron unha carta da nosa mascota Paco. Era de cores, como todas as del.
      Na carta fálanos de libros de viaxes.
      Ademais, pídenos que fagamos unha investigación.
      Cada curso terá que averiguar o idioma, a moeda , e a bandeira dun país diferente.
      Deberán buscar tamén en que continente está , e o medio de transporte que podemos usar para chegar ata alí.

      Suso ,o bibliotecario da biblioteca Municipal, prestóunos unha caixa chea de libros, para axudarnos a buscar as respostas.

      Ademais, algúns cursos escribiron cartas as embaixadas para pedir información.
      Tamén nas axencias de viaxes imos buscar folletos para ver fotos.

      Temos que contestarlle pronto a Paco!.
      Canto antes lle cheguen as respostas, antes nos enviará a seguinte carta.

      PD:
      Os paises son: China, Rusia, Exipto, Marrocos, Estados Unidos, Islandia e México

      24/01/09

      Se acerca o día da Paz

      Se acerca o día da Paz:

      Na clase de música, os nenos e nenas está a aprender unha canción coa axuda de Xulia, a profe de música.

      Algúns nenos escriben poemas de paz, como Eva de sexto curso.Tedes o seu bonito poema en Club de escritura
      Outros nenos e nenas de sexto gravaron coas súas voces poemas de Paz,..

      En Dinamiza, Normaliza , a profe Belén, coordinadora de Normalización ten poemas, libros e cancións, sobre a Paz.
      Ademais estanse facendo debuxos, e murais que xa vos mostraremos.

      Pero nós queremos ofreceros un reto:
      Gracias as compañeiras da biblioteca do CEIP Mestre Martínez Alonso temos unha webquest sobre a Paz.

      Unha Webquest é unha investigación a través da web. Nela se propón a busca de varias cuestións, pero tedes o enlace as páxinas onde poderedes atopar a solucíón.

      Esta é unha proposta para os nenos e nenas de 5º e 6º curso do colexio.

      Os que traian resoltas as cuestións. terán un agasallo.

      Collede xa papel e lapis, premede no debuxo, e empezade xa.

      Boa sorte!!!

      Tedes o enlace tamén no lateral do blog, enriba da pomba da paz.

      20/01/09

      Club de lectura

      Os nenos e nenas do club de lectura do colexio, están lendo un novo libro.

      Trátase de "A lagoa das nenas mudas" ,de Fina Casalderrey, editado por Xerais.

      E un libro que trata das dificultades, pero tamén das alegrías dunha nena inmigrante para integrarse na escola.

      Temos que darlle as grazas a Suso, o bibliotecario da Biblioteca Municipal de Moaña, que nos axudou na elección do libro, e prestounos algúns exemplares.
      Entra no Club de lectura do cole para saber máis .

      Premio de Cultura

      Vimos de recibir unha unha comunicación da Consellería de Cultura e Deporte, segundo a cal acaba de concedernos un premio polas actividades realizadas en Abril Mes do libro.
      Este premio é para un total de 50 bibliotecas públicas e escolares, e consiste nunha dotación económica para a compra de libros e material bibliográfico.Pouco a pouco a nosa biblioteca vaise facendo cunha fermosa colección.
      Para acceder a algunhas das actividades que fixemos no mes do libro, preme na foto:


      12/01/09

      Novidades na biblioteca

      Están entrando na biblioteca moitos libros novos.
      Algúnhas son peticións dos alumnos e alumnas, e outras son novidades que os profesores vemos moi interesantes, como a colección sabelotod@s.
      Aqui tes algunhas:
      Pulsa no libro que che interese para saber máis.




      11/01/09

      Apoio ao Blog Chicass 10

      Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.


      Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

      "Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

      "Quizás non consigamos que gañen pero alomenos terán coseguido o noso recoñecemento, necesítano e meréceno".


      ¡¡Vota Chicass 10!! Nós, xa o fixemos!!

      ¡¡Difunde esta mensaxe!!.

      Tamén en:

      09/01/09

      Novas na biblioteca


      Empeza o ano con novidades na biblioteca:
      Por un lado, estrenamos novo recanto para os ordenadores dos alumnos, estantería para os libros do mes e carriño para que os pequenos de Infantil deixen os libros que devolven a biblioteca.(Xa pillamos a algún pequeno metido dentro. Pensaban que era un berce!)

      Iniciamos ademais un novo aspecto do proxecto da biblioteca deste curso:
      O estudio de outros paises, outras culturas.

      Cada curso escolleu no primeiro trimestre un pais para investigar e aprender cousas :
      Infantil queren saber cousas de China.

      1º de Primaria investigaran sobre Rusia.

      2º de Primaria queren aprender cousas sobre Marruecos.

      3º de Primaria vai traballar sobre Estados Unidos.

      4º de Primaria queres saber cousas de Islandia.

      5º de Primaria vai investigar sobre México.

      6º de Primaria vai traballar sobre Exipto.

      Pronto Paco, a mascota da biblioteca, vainos ir enviando cartas para guiarnos nesta busca.
      O obradoiro de escritura que estamos traballando este curso é a carta:
      Xa nos estrenamos contestando a carta que nos enviou Paco no día das bibliotecas escolares.
      Despois escribimos as cartas a Papá Noel.
      Agora teremos que seguir, respostando a todas as que nos envíe Paco!!!

      02/01/09

      Veñen os Reis Magos

      Xa están chegando os Reis Magos. A ver si sabes decirnos os lugares por onde pasan.
      Preme no botón debaixo da pantalle para velo en pantalla completa.

      Blog Widget by LinkWithin
      As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
      var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...