19/04/09

De volta dos Encontros


Xa estamos de volta dos Encontros.

Este ano somentes os "novos" no Plan de Mellora poideron ter dous días de traballo. Os demais incorporámonos o segundo día.

Tamén Jose Luis Barreiro, da Unidade de atención a centros, falounos un pouco da plataforma Moodle.

Como novidade,a Asesoría de Biblitotecas pon a nosa disposición un enlace onde descargar as ponencias.Si queres consultalos, entra como convidado.

A interesantísima conferencia de Gloria Durban retransmitiuse en directo na páxina da Asesoría de Bibliotecas Escolares.

Como outros anos, as distintas ponencias fannos cuestionar ou reflexionar sobre as prácticas concretas na nosa biblioteca.

Tamén os conversas e debates c@s responsables de outras bibliotecas son moi importantes para nós.

Traemos a axenda chea de citas e direccións para intercambiar experiencias e ideas.

Agora quédanos trasladar o alí escoitado ao equipo de biblioteca do noso cole, para millorar as prácticas na nosa biblioteca, e xuntas enfocar o novo proxecto para o curso que ven.
Grazas as asesoras Cristina e Pilar por tanto traballo e tan ben feito.
Máis información en :

1 comentario:

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...