Os nenos e nenas de 6º están lendo "O principiño", na Hora de ler dos venres.
No club de lectura tedes un pouco de información sobre o libro.
30/11/08
27/11/08
Os de sexto e o Segrel do Penedo
Os do curso de sexto recibiron este comentario do Segrel do Penedo no ser blog:
Os de sexto de Quintela
meteronse a periodistas
e comezan o traballo
facendo unha entrevista.
Se en sexto periodistas
cun blogue fenomenal
ao rematar este curso
non sei o que eles farán...
Feliz Semana da Literatura de Tradición Oral.
Apertas dende Fene!!
E non lles quedou máis que contestar!:
Juan:
Os do Segrel do Penedo
En rimas vennos falar
E nós con rimas
Ímoslle contestar....
Si queredes saber como sigue, entrade aqui

26/11/08
Canción de outono
Os nenos e nenas de Infantil achégannos un dos poemas que estiveron a traballar no outono:
25/11/08
25 N contra a violencia de xénero.
Hoxe é o día contra a violencia de xénero. Aquí vos presentamos un vídeo feito polos blogs da zona Ferrolterra, que xenerosamente comparten con nós.
Si queredes máis información sobre o tema, imprescindible entrar en Trafegando Ronseis, que ten numerosas entradas sobre o tema.
Non deixedes de ler tamén as historias que publican nos blogs Ponte Vella do IES Río Miño de Rábade, e de Biblioteca Milladoiro Malpica do CEIP Milladoiro de Malpica.
Hoxe na Hora de ler, os nenos e nenas de 2º e 3º ciclo de Primaria veremos unha película que nos vai a acercar ao tema.
20/11/08
Mochilas viaxeiras
Dende hai 20 días están en marcha.
Este ano van "viaxar " as familias de 1º e de 6º curso de Primaria.
Neste momento hai 2 mochilas en 1º e unha en 6º.Pronto poremos a andar outra mais en sexto.
Cada familia ten en casa a mochila durante 15 días.
Dentro das mochilas hai diferentes lecturas para toda a familia.
Esperamos con gran interés as anotacións e suxerencias das familias.
19/11/08
Club de lectura
Estabase a celebrar a xuntanza do club de lectura do cole, formado por 14 nenos e nenas de 3º ciclo.
A cita era para falar do libro "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure.
A moderadora do club é a profesora Merchi, que lles levou un pequeno camelo, para ambientar a xuntanza.
Máis información no CLUB DE LECTURA
16/11/08
12/11/08
Curso de sexto

Os alumnos e alumnas de sexto andan facendo de
periodistas.
entrevistas de Paula e Helena.
11/11/08
Contos en cantos
Oqo acaba de editar "Contos en cantos". un libro DVD con cancións e bailes sobre varios dos libros mais coñecidos: "Chocolata","Loboferoz", "Corre, corre Cabaciña" e outros.
Xa temos un par de exemplares no cole.
Xa temos un par de exemplares no cole.
Semana do Libro e a Lectura
Esta semana estase a celebrar ,en Moaña a II semana do Libro e a Lectura.E unha proposta da Consellería de Cultura en colaboración coa ASPG, que incluie teatro, obradoiros de monicreces e de excritura, exposicións de libros, contacontos.
Os nenos e nenas de Infantil. 1º, 3º e 5º de Primaria van participar en uns obradoiros.
Polas tardes as actividades son abertas ao público.
Todos os actos vanse celebrar na Biblioteca Municipal, recientemente reinaugurada.
O tema deste ano é "O mar".
Preme no cartel para ver o programa:

05/11/08
Agustín escríbenos
O noso admirado Agustín Fernández Paz envíanos estas cariñosas palabras:
Queridas amigas e amigos do CEIP de Quintela:
Recibín o voso correo de felicitación que me mandastes a través daBiblioteca Virtual. Agradézovos moito as vosas palabras, emocióname comprobar que, dalgún xeito, tamén sentides que este recoñecemento é un pouco voso, e da tanta xente como traballades desde os centros para facer realidade a promoción da lectura e a normalización da lingua.
Desde a outra banda da ría, unha aperta para todas e todos.
Agustín

03/11/08
Educación documental para Infantil:
Para poder respondelas, tiveron que investigar nos libros da biblioteca.
E xa temos as respostas.

AS BOLBORETAS TEÑEN UNHAS ANTENAS
MOI LONGAS , PERO NON LEMBRO MOI BEN PARA QUE LLE
SERVÍAN.QUEREDES AXUDARME A BUSCAR?
PARA QUE LLE SERVEN AS ANTENAS AS BOLBORETAS?
Está é a pregunta para os de 4º de Infantil (3 anos):
ESTIVEN LENDO COUSAS
DOS INSECTOS E NALGÚN LUGAR LIN O QUE
COMÍA CADA UN , PERO NON LEMBRO MOI BEN O
QUE COMÍAN AS XOANIÑAS. QUEREDES AXUDARME
A BUSCAR?
QUE COMEN AS XOANIÑAS?
DOS INSECTOS E NALGÚN LUGAR LIN O QUE
COMÍA CADA UN , PERO NON LEMBRO MOI BEN O
QUE COMÍAN AS XOANIÑAS. QUEREDES AXUDARME
A BUSCAR?
QUE COMEN AS XOANIÑAS?
Esta é a pregunta para os de 5º de Infantil (4 anos):
ESTIVEN LENDO COUSAS
DO MUNDO E NALGÚN LUGAR VIN QUE HABÍA MOITOS
TIPOS DE CASAS , PERO NON LEMBRO MOI BEN COMO
VIVÍAN OS INDIOS DE NORTEAMÉRICA.QUEREDES
AXUDARME A BUSCAR?
COMO VIVÍAN OS INDIOS DE NORTEAMÉRICA?
DO MUNDO E NALGÚN LUGAR VIN QUE HABÍA MOITOS
TIPOS DE CASAS , PERO NON LEMBRO MOI BEN COMO
VIVÍAN OS INDIOS DE NORTEAMÉRICA.QUEREDES
AXUDARME A BUSCAR?
COMO VIVÍAN OS INDIOS DE NORTEAMÉRICA?
Esta é a pregunta para os de 6º de Infantil (5 anos):
AS BOLBORETAS TEÑEN UNHAS ANTENAS
MOI LONGAS , PERO NON LEMBRO MOI BEN PARA QUE LLE
SERVÍAN.QUEREDES AXUDARME A BUSCAR?
PARA QUE LLE SERVEN AS ANTENAS AS BOLBORETAS?
O samain en Quintela
Para celebrar o Samaín, pedimos as familias a súa colaboración e a resposta foi asombrosa: O cole encheuse de caveiras cheas de imaxinación:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas