28/04/08

Ahí ven o maio

M glowing - gaMe A Here I goes Alphabet Block o



O primeiro de maio xa está ahí, cos tradicionais maios feitos de fiunchos e froitas.

E unha tradición na que os portadores dos maios cantan coplas satíricas.

Aqui tedes a canción "Ahí ven o maio"baseada nun poema de Curros Enríquez, e acantada por Luis Emilio Batallán.

Para escoitala, preme dúas veces en play:


27/04/08

Novo dicionario galego na rede

A Editorial Ir Indo ven de sacar no Día do Libro un
dicionario en rede con
máis de 65.000 entradas e coa normativa oficial da
Real Academia do 2.003.

A editorial comprometese ademáis a ilo actualizando.

Esta é a entrada:

http://www.digalego.com/



Tedes un enlace permanente nestas páxinas, en "Para saber máis"

24/04/08

O presidente da xunta no día do libro

O presidente da xunta reuniuse cos nenos e nenas para falar de libros no Día do Libro:


agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG


Preme en Play para velo

VISITA DUN ESCRITOR ESPECIAL



No Día do Libro, como xa vos comentáramos, tivemos a visita dun escritor especial: O noso alcalde, Xosé Rámón Millán Otero.Por unhas hora, deixou o seu papel de alcalde, e retomou o de escritor,...

Nunha reunión moi agradable cos nenos e nenas de 6º curso, respostou as súas preguntas, contoulles os libros que gustaba ler de neno, faloulles da primeira biblioteca a que foi, leulles un pouco,...

Os nosos alumnos actuaron de periodistas, e recolleron todo. Nos vindeiros día teredes no CLUB DE ESCRITURA todo o que eles recolleron.


Por outro lado, no ALBUM DE FOTOS tedes máis fotos da xuntanza.

Ao rematar deixou unhas palabras no libro de visitas, e nós pola nosa parte agasallamolo co libro de poesías feitas polos nosos alumnos e alumnas.Preme no libro si queres descargalo:




E agora a obra do escritor:

Xosé M. Millán Otero (n. 1.964 en Beluso, Bueu)

Como poeta publicou os poemarios:

"Este é o tempo de sal"1992.Finalista premio Esquiu

"As palabras no espello".1995.

"Ritual da vixía"

Coautor de diversas publicacións da literatura galega:

"25 anos da poesía galega"

"Historia da literatura galega"

Estudios dos poetas galegos (Cabanillas, B.Graña) con publicacións sobre eles,..

23/04/08

Día do libro




Mañá , Dia do Libro , imos ter a visita do noso alcalde, Xosé Ramón Millán Otero.
Hai tempo que queriamos presentarlle a nosa biblioteca, e o Día do Libro pareceunos moi apropiado, por ser él home de letras.

E autor de algúns estudios, pero sobre todo poeta. Ten tres libros de poesía editados:
“Este é o tempo de sal” (Accésit Premio Esquio 1991) , “As palabras no espello” (galardonado co VII premio Eusebio Lorenzo ) e “Ritual de vixía”.


Mañá vai responder ás preguntas que os nenos e nenas de 6º curso lle van facer, entre elas qué contos lle gustaban cando era neno, ou que libros está lendo agora.

FELIZ DÍA DO LIBRO

Visita de Anxo Fariña



O luns 21 de abril visitounos o ilustrador e escritor Anxo Fariña. Ante unha audiencia atenta, contoulles historias, ensinoulles os seus contos e fixo ilustracións. Preme na foto para entrar na súa páxina:


Ao rematar a sesión, os maiores do cole pedironlle autógrafos ao autor dos megatoxos, libro que forma parte da exposición "os nosos libros favoritos"por méritos propios.

20/04/08

Os personaxes dos contos

Os personaxes dos contos de H. C. Andersen no noso colexio:



Libros que nos gustaban de nenos/as

Neste mes de Abril, pedimoslles aos pais e nais dos nosos alumnos e alumnas ,aos profes,ao persoal non docente do colexio, e aos monitores das actividades extraescolares que nos contaran cales eran os libros que lles gustaban de nenos e nenas.
A resposta das familias é desbordante. Estamos expoñendo as súas respostas.Aquí tedes unha pequena mostra:






Máis no CLUB DE LECTURA

17/04/08

Obradoiro de lingua


Dende o martes 15 de Abril ata o venres , os nenos e nenas de 6º curso están a participar no obradoiro de "Lingua divertida", organizado polo servicio de normalización lingüística do concello, co obxectivo de achegarlles a realidade socio lingüística que os rodea dun xeito lúdico e educativo.
Traballarase con técnicas de animación e dinamización sociocultural, en catro sesións de 90 minutos dividida cada unha delas en catro bloques cos seguintes contidos:

Habilidades persoais.

Diversidade cultural e lingüístiva.

Modelos e roles sociais.

Construción persoal.

Esta actividade é impartida por "Tagen Ata.Lingua e comunicación"

15/04/08

Os peques e os seus libros favoritos



Estes son os peques do noso cole, cos seus libros favoritos para por na exposición que temos na entrada do cole.Quiseron poñelos eles mesmos, e por si non vedes ben cales son, mirade como os poñen ben alto!!
Pon un pouco de música, mentras intentas averiguar qué libros son. Para escoitar, pulsa play:

14/04/08

Obradoiro de poesía

¿Lembrades o poema que sigue:?
O año pitaño
vai no paraño.
A cabuxa luxa
marchou onda a bruxa.
O gato cegato
fuxiu ao burato.
O coello vello
anda no cortello.
O galo ralo
rubiuse no valo.
E a galiña tiña
está na cociña.
Anda , neniña,
déixaos estar
e imos brincar
coas cunchas do mar.
Xosé María Alvarez Blázquez

Os alumnos e alumnas de 6º, no obradoiro de poesía , fixeron variacións sobre o poema moi divertidas.Non deixedes de velas no CLUB DE ESCRITURA

07/04/08

Libros para unha exposición

Seguindo coas actividades programadas para o mes do libro, estamos a recoller nos cursos os libros escollidos polos propios alumnos e alumnas como os seus favoritos, para por na exposición.

Moitos deses libros traen comentarios dos rapaces de porque lles gustan. Non deixedes de ler os comentarios no CLUB DE LECTURA , son moi interesantes!


04/04/08

Encontros Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares


Estanse a celebrar os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2.007/08 en Sanxenxo. Aquí reunímonos durante dous intensos días os responsables das bibliotecas escolares de Galicia incluidos neste programa para formarse, intercambiar ideas e experiencias, aprender,..
O cole de Quintela está nestes encontros, e o día de hoxe foi moi fructífero en aprendizaxes, contactos cos colegas de outras bibliotecas, intercambios de experiencias, risas,...
José Camacho explicounos como avaliar procesos e resultados dunha biblioteca escolar, e contounos para rematar un precioso conto, que xa vos contaremos.
María de Lourdes Dionisio contou unha experiencia interesantisíma nas bibliotecas públicas, con rapaces adolescentes dos concellos portugueses asomados ao Miño.
Manuel Bragado, a quen seguimos de cerca a través do seu blog Brétemas
falounos da lectura e os blogs...

Tamén asistimos a varios talleres e participamos na exposición de traballos das bibliotecas...
Mañá mais....
(Fotos cedidas por José Luis Barreiro)
Máis información no blog da asesoría de bibliotecas:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

03/04/08

Uns contacontos moi especiais

Hoxe ,os de Infantil e os do Primeiro ciclo de primaria navegamos na biblioteca desde a tenrura ao medo ,pasando pola diversión . O barco eran os contos de Kalandraka e Oqo,e os magníficos tripulantes, os alumnos de 4º de ESO do IES PARALAIA que con unha esmerada preparación cautiváronnos coas súas historias.
Traían a entoación ensaiada,a posta en escena,a presentación dos contos,por suposto os textos e ata pequenas dramatizacións.
Viñeron cargados de contos ,de personaxes,de recursos,de complementos de vestiario,ata nos trouxeron un teatriño de monicreques.
Os pequenos non souberon elixir un conto para avaliar as súas preferencias,e cando lles preguntamos cal lle gustara máis, foron moi claros:TODOS.
Pasamos un momento delicioso da man destes momentáneos artistas e leváronnos polas historias do Galo qiurico,a Princesa do caurel,o Coelliño branco,a Ratiña presumida,o Papón,o Gato lambón, a Mosca chosca,as Irmás ladroas,as Tres fillas,o Inspector vinagre....Unha enchente de contos no mes do libro cuns contadores excepcionais.



O noso profundo agradecemento ós contadores e contadoras e ó equipo de profes que fixo posible esta actividade.

02/04/08

Día Internacional do Libro Infantil

O Dia 2 de abril commemorase o Día Internacional do Libro Infantil .

Esta é a data de nacemento de Hans Christian Andersen, autor de contos tan coñecidos como "O soldadiño de chumbo", "A princesa e o chícharo", "O sastriño valente", "O parrulo feo", "A sereiña", "O traxe novo do emperador", "O reiseñor", ...etc

Aquí tedes un pequeno vídeo sobre a vida de Andersen:




Máis información en Bibliotecas escolares de Galicia

Reunión do Club de lectura

Hoxe tivemos a primeira xuntanza do Club de lectura no noso colexio.

A xuntanza foi na biblioteca, durante o  recreo e a hora de ler, e participaron un grupiño de 10 alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.A coordinadora do club foi a profesora responsable da biblioteca escolar.

O libro a debate era "Os megatoxos" de Anxo Fariña.

Si queres saber o que comentamos no club, preme no libro:

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...