Hoxe ,os de Infantil e os do Primeiro ciclo de primaria navegamos na biblioteca desde a tenrura ao medo ,pasando pola diversión . O barco eran os contos de Kalandraka e Oqo,e os magníficos tripulantes, os alumnos de 4º de ESO do IES PARALAIA que con unha esmerada preparación cautiváronnos coas súas historias.
Traían a entoación ensaiada,a posta en escena,a presentación dos contos,por suposto os textos e ata pequenas dramatizacións.
Viñeron cargados de contos ,de personaxes,de recursos,de complementos de vestiario,ata nos trouxeron un teatriño de monicreques.
Os pequenos non souberon elixir un conto para avaliar as súas preferencias,e cando lles preguntamos cal lle gustara máis, foron moi claros:TODOS.
Pasamos un momento delicioso da man destes momentáneos artistas e leváronnos polas historias do Galo qiurico,a Princesa do caurel,o Coelliño branco,a Ratiña presumida,o Papón,o Gato lambón, a Mosca chosca,as Irmás ladroas,as Tres fillas,o Inspector vinagre....Unha enchente de contos no mes do libro cuns contadores excepcionais.
O noso profundo agradecemento ós contadores e contadoras e ó equipo de profes que fixo posible esta actividade.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.