Este curso académico, o alumnado de 5º participou no desafío CanSat. É unha iniciativa da Axencia Espacial Europea (ESA) que reta o alumnado de toda Europa a construír e lanzar un mini satélite do tamaño dunha lata de refresco.
Un CanSat é unha simulación dun satélite real, integrado dentro do volume e a forma dunha lata de refresco. O desafío para o alumnado é adaptar todos os subsistemas principais que se atopan nun satélite (xerador de enerxía, sensores e sistema de comunicación) dentro deste espazo tan reducido. Ademais, cómpre sempre deseñar un sistema de descenso en forma de paracaídas.
Na fase rexional en Galicia, o CanSat elévase dentro dun dron, dentro dun habitáculo específico xunto aos CanSats doutros equipos, sendo liberado en altitude para comezar a misión primaria. Na rápida caída realízase un experimento científico, analizando posteriormente os datos de presión e temperatura e humidade recompilados.
Aquí vos deixamos un video resumo de todo o traballo realizado.
Parabéns polo excelente traballo!

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.