Comezamos no colexio, un ano máis, a actividade para o fomento da lectura "As familias contan".
En terceiro de primaria tivemos unha visita moi especial: a nai de Mario que veu a contarnos un conto... " Yo mataré mounstros por ti", un libro moi especial para toda a súa familia. Fálanos dos nosos medos e de como podemos superalos...
Foi un auténtico pracer escoitar a súa voz.
Moitas grazas Jeni.
En cuarto tamén tivemos unha lectura moi tenebrosa. Coñecemos diferentes vivendas moi especiais como a casa do diaño, as tumbas e os inglús.
Moitas grazas Bea por compartir este libro con nós.





Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.