02/04/25

MODULAMOS A VOZ FACENDO TEATRO

Como usamos a nosa voz? Nesta actividade o alumnado aprendeu a modular a voz como os actores e actrices.
Presentáronse unhas tarxetas con diferentes elementos (animais, lugares, emocións, alimentos, etc), e dúas tarxetas co debuxo dun megáfono, un grande (que implica falar alto) e un pequeno (que implica falar baixo). 
 Nun primeiro momento, se lles explicou o significado de cada un dos megáfonos, facendo probas cos diferentes tons de voz, e despois se presentaron as tarxetas. 
O alumnado seleccionaba unha única tarxeta e construia unha frase con esa palabra seguindo as directrices do megáfono dada. Posteriormente se engadiu unha tarxeta de emocións, aumentando a complexidade da tarefa (Ex: Estou contenta cando paseo ó meu can). 
Esta dinámica presentouse como unha actividade para asociar o ton de voz ós diferentes contextos e situacións, como por exemplo estar nun escenario e aprender a proxectar a voz para que nos escoiten.



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...