05/12/24

POEMA DA BOLBORETA

 O alumnado de 5º de infantil este trimestre investigou sobre as bolboretas. Aprendemos moito sobre este insecto e aproveitamos tamén para aprender un poema e gravalo en croma. Aquí tedes o poema e o recitado con croma.

Un verme branco vivía nunha moreira

e chamábanlle verme de seda.

Gustábanlle as follas, era moi lambón

e en pouquiños meses fíxose maior.

Coa súa fina seda teceu un casulo

e aquel verme sorriu con orgullo.

Cando rematou estaba canso

e dentro do casulo quedouse deitado.

Despois dun tempo de estar durmido

nunha bolboreta se convertera.

Chegou a hora de poñer os ovos

e así a historia comezará de novo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...