27/05/24

Boas prácticas en internet

 O mércores tivemos un encontro coas familias para informarnos das prácticas recomendables no uso dos dispositivos dixitais. O control parental,  a identidade dixital, as idades mínimas para o acceso ás redes sociais, páxinas de interese para o asesoramento ás familias, foron algúns dos temas tratados.

Enrique Costa Montenegro, catedrático da Facultade de Telecomunicacións de Vigo foi o encargado de conducir a interesante charla á que acudiu un nutrido grupo de familias. A súa experiencia no ámbito da formación con alumnado e a súa experiencia  profesional resultou  clarexadora.

Este tema que inquieta tanto ás familias foi tratado minuciosamente, dándose paso á participación con resolución de dúbidas e debate.

O mundo dixital é un mundo no que nos desenvolvemos, para navegar con sentido é preciso que as familias acompañen e eduquen tamén como desenvolverse no plano dixital.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...