As tartarugas nos primeiros días de outubro, visitamos a biblioteca, para aprender o seu funcionamento. Fixemos unhas actividades de formación de ususarios, onde lles explicamos as etiquetas dos contos, a súa colocación, os códigos de barras, etc.
Despois da formación de usuarios comezamos a facer o préstamos de contos na biblioteca. O alumnado escolle devolve o conto da semana anterior e escolle o conto que quere levar esta semana, pasando o código de barras polo lector. Despois o gardan na súa carpeta para levar para casa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.