OS SOLPORES
Os
solpores teñen ollos
negros,
grises e vermellos,
que
aloumiñan as mociñas,
os
rapaces e os máis vellos.
Lalai
lalailai, lalai lalala…
Os
solpores teñen ollos,
misteriosos,
mentireiros,
que
deitan o seu rubor
encol
dos soños baleiros.
Lalai
lalailai, lalai lalala…
Os
solpores teñen ollos,
solermiños,
rebuldeiros,
que
danzan coa paisaxe
nos
veráns e nos invernos.
Lalai
lalailai, lalai lalala…
Os
solpores teñen ollos
inspirando
mil historias
que
acontecen nas aldeas,
nas
montañas e nas costas.
Lalai lalailai, lalai lalala…
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.