25/03/23

Día da poesía en 6º de Primaria

 Neste mes, tamén nas sesións de música, quixemos lembrar o afortunados e afortunadas que somos por ter a poesía e poder gozar dela.

Aquí temos unha poesía de Florencio Delgado, con música de Susa Herrera.


RESPOSTA A ROSALÍA

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Da grasia de Deus unxida.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Rulas que os loitos choran,

Galos na amañecida

Aires que tollen as mágoas

mozas pernas que rebrincan.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Frores na beira do río

Mar xogando coas ondiñas

ti cantache alborada

ó amerncer dun craro día.

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Ti cantar, cantar, cantache,

ti cantache Rosalía

Ti cantar , cantar, cantache

Vos glorios da Galicia!

Ai larala lailarala lailarala lailaaa…

 

Letra : Florencio Delgado

Música: Susa Herrera


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...