Durante o Entroido, aproveitando a comodidade dos nosos pixamas, os LEÓNS E LEOAS, de 6º de infantil, visitamos a Paco na biblioteca. Visitamos o novo estudio de radio, fixemos unha actividade de formación de usuarios para lembrar como se colocan os libros na biblioteca e practicamos un pouquiño cun xogo moi sinxelo.
Como non podía ser doutra maneira, fixemos unha sesión de contacontos e aproveitamos un ratiño para gozar da colección de contos que Paco ten na biblioteca.
E para rematar, buscamos na sección de ciencias información do corpo humano, xa que estamos desenvolvendo un proxecto na aula sobre ese tema.
Unha xornada de lecer na biblioteca de Paco sempre é moi ben acollida polo alumnado!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.