O alumnado de 5º curso estivo traballando durante un par de sesións sobre os deportes e as pelotas que se utilizan en cada deporte.
O obxectivo que pretendemos conseguir con isto é asociar e identificar cada deporte co implemento utilizado para poder practicalo. Para conseguilo, estivemos traballando contidos, como o coñecemento da normativa básica de ditos deportes, o xogo e o deporte como fenómenos sociais e culturais e a utilización e integración de medios tecnolóxicos no proceso de aprendizaxe para obter a información.
Os materiais que empregamos para a realización da actividade foron as plantillas A3 coas imaxes das pelotas e o escornabot. Dividímonos en grupos e un grupo daba pistas ao outro e estes tiñan que adiviñar a pelota utilizada e o nome do deporte.
Estivo moi entretida e foi moi positiva!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.