O 24 de outubro celebramos todo o colexio o Día das Bibliotecas Escolares recitando un poema a outro curso. Nós recitámoslle á clase de 5º de Infantil un poema de Antonio García Teijeiro do libro titulado "Paseniño, paseniño".
Este curso imos ser as madriñas e padriños de 5º de Infantil e eles serán os nosos afillados e afilladas. De cando en vez iremos lerlle contos ou eles virán a onda nós a contarnos algo.
Temos fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.