Premio concurso cómic 2016
O concello de Moaña un ano máis convocou unha nova edición do Concurso de Banda Deseñada e 5º e 6º particicipou tamén, un ano máis.
Obtuveron o 2º premio as alumnas Mar e Nerea de 5º e fomos á entrega dos mesmos o pasado venres, 20 de maio.
Alí compartimos espazo coas nenas premiadas e con alumnado de 1º da ESO do IES As Barxas. A alcaldesa, unha concelleira e dous concelleiros fixeron entrega dos premios e dos diplomas para todas as nenas e nenos que participaron no concurso. Ademais informaron de que os traballos serán expostos no mes de xuño para que o público en xeral poida velos.
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.