O mes do libro segue coas súas actividades e unha vez máis queremos contar convosco para animar aos nenos e nenas a ler.
A proposta que vos queremos facer é que participedes facendo de contacontos para o grupo clase dos vosos fillos e fillas.
Animádevos a preparar un contiño para relatalo na clase, podedes facelo como vos pareza axeitado e cos contos que máis vos gusten.
Grazas pola vosa colaboración!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.