As nenas e nenos de 5º de Primaria do colexio Quintela-Moaña estivemos traballando sobre os refuxiados de Siria, Afganistán e Irak na clase de Valores durante este trimestre. Miramos as rutas polas que pasan para chegar a Europa e, sobre todo, a Alemaña. Soubemos que a xente queda sen casa, sen traballo, sen comida, os nenos e nenas sen escola e moitos morren.
Algúns conseguen saír desa tortura e convértense en refuxiados: persoas que teñen que saír do seu país pola forza da guerra. Cando non haxa guerra quererán volver ao seu país.
No camiño encóntranse con barreiras: os gobernantes dalgúns países non os deixan pasar e non lles dan refuxio. Nestas datas como baixa tanto a temperatura será máis perigoso para os refuxiados seguir a súa camiñada.
Como en Nadal recibimos e regalamos tanto e, sobre todo,damos bos desexos, pedimos que se acaben as guerras e que os refuxiados sexan ben tratados.
O ano está acabando e seguimos igual.
Terminamos cun bo desexo:
FELIZ 2016
Antes da carta mostramos un video sobre o tema feito por dúas alumnas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.