29/09/15

Paco dá a benvida a sexto curso

COMEZAMOS CUN CONTO DE PACO
Para iniciar este novo curso Paco agasallounos cunha lectura en cada clase.
Aos nenos e nenas de 6º tocoulles o conto titulado "Venres".
En xeral gustoulles moito. Aquí tedes algúns comentarios:


A  Henar e Aarón  gustoulles este conto porque Robinson non mirou a Venres coma un inimigo nin un home xigante e fixeron moi boas migas.

Para Pablo e Alejandro este conto  foi do seu agrado porque valora a amizade.

Hugo Troncoso opina que a historia entretén e  engancha ata o final.


Despois de ler este conto, Daniel considera que é moi importante ter amigos.

 A Xoana esta historia gustoulle porque demostra que as persoas se axudan mutuamente. Tamén quere destacar que algúns parágrafos lle resultaron difíciles de entender. 






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...