24/02/15

24 de febreiro, día de Rosalía

Hoxe google homenaxea a nosa poetisa máis universal:
e nós compartimos as súas poesías a través dunha selección de poemas que foron lidos nas aulas. «Has de cantar,
 que che hei de dar zonchos;
 has de cantar, que che hei de dar moitos».
 Has de cantar, meniña gaiteira,
 has de cantar, que morro de pena. 
Canta, meniña, na veira da fonte;
canta, dareiche, boliños do pote.
 Canta, meniña, con brando compás,
 dareiche unha proia da pedra do lar.
 Papiñas con leite tamén che darei;
 sopiñas con viño, torrexas con mel.
 Patacas asadas con sal e vinagre,
 que saben a noces, ¡que ricas que saben!
 Cantar 1. Cantares gallegos

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...