07/12/14

Nace Criaturas

Despois do vacío que deixara Faga Morgana, ao fin temos unha revista de Literatura Infantil e Xuvenil galega.
Criaturas foi presentada onte 5 de decembro no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas por Ledicia Costas . O número cero publícase este mesmo mes de decembro, iniciando así unha vida que esperamos sexa ampla e fecunda,esperamos e necesitamos. E ,como se de contos fadas se tratase,  sabemos que xa foi bautizada co enxeño , sabedoría, exquisitez e esforzo; polo tanto,  enviámoslle desde bibliotecadocole os nosos mellores desexos, para que se convirta en referente no mundo da docencia, da edición, da creación e da distribución de literatura infantil e xuvenil.
A revista dixital terá unha publicación trimestral e detrás dela hai importantes nomes do mundo da creación e a  a edición de Literatura.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...