Moitas son as reflexións que nos está achegando este novembro, MES DA CIENCIA EN GALEGO.
Reflexións e accións, xa que este venres 21 de novembro será o primeiro dos "Venres de ciencia", nos que dedicaremos a hora de ler ás lecturas de Ciencia: revistas, atlas, guías, biografías, manuais, monográficos..etc. Así, avaliaremos os nosos fondos e as necesidades de ampliación, xa que outra acción que emprenderemos será invertir a parte máis grande do orzamento para este ano en fondos documentais. Partes destes fondos irán dedicados a incluír nos itinerarios lectores libros de ciencia: atlas, biografías sobre cientíticas, revistas informativas, manuais de educación medioambiental etc
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.