12/11/14
Novembro, mes das Ciencias nas Bibliotecas Escolares
Fermoso anagrama co que a Asesoría das Bibliotecas Escolares simboliza o lema :
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES e non menos atinado o manifesto que o profesor Angel Carracedo redactou para esta campaña.
Unha iniciativa necesaria e chea de sensibilidade cara á urxente publicación de fondos en galego sobre temas científicos que sirva de apoio a un ensino en galego das disciplinas científicas.
Na nosa biblioteca tamén vivimos deste xeito o día da ciencia en galego, este ano dedicado á Física.
Así, os grupos de 5º e 6º curso de Primaria, buscaron información sobre algúns experimentos, seleccionaron e prepararon unha exposición para expoñerllos ao resto dos grupos do cole. A xornada foi un éxito, non só polas explicacións que nos deron, senón polo esforzo que supón para este alumnado desenvolver estas exposiciónsións orais.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.