Xa está aquí o Culturgal!
O Culturgal, a feira das Industrias Culturais Galegas vaise celebrar os vindeiros 5, 6, e 7 de decembro no Pazo de Congresos da cidade de Pontevedra. Un evento que non podemos perder polo seu extenso programa, onde seguro atopamos moitas actividades interesantes. O programa aparece en forma de liña do tempo, polo que é moi doado localizar as actividades .
Desde presentación de libros, traballos musicais para todas as idades, debates, exposicións, obradoiros e, como non, os máis variados stands a través dos que coñeceremos novas actividades do mundo da cultura.
Para as familias, os profesionais, adultos, nenos e nenas: en fin, actividades axeitadas para todo o público.
Gústanos divulgar este evento, no que as familias sempre atopan actividades para desenvolver cos seus fillos e fillas. Tanxarina, Gatuxo, Mamá Cabra, Paco Nogueiras.... non falta ningún dos profesionais que este ano tan fecundo en traballos musicais presentaron o seu traballo. Non esquecemos tampouco as novidades editoriais que podemos coñecer pasando unha xornada do máis agradable na feira. Non o perdades!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.