Como se fan os libros?, esta é a charla coa que Juan Porto e Mercedes Cruz, do Departamento de Artes Gráficas do IES Montecelo,(un dos tres centros públicos deste tipo existentes en Galicia)
explicaron ao alumnado do terceriro ciclo o proceso de encadernación e impresión dos libros. Os relatores sorprendéronse moito do interese que suscitaba o tema entre o alumnado, ao igual que sucedera cos outros relatores que falaran sobre este tema na nosa biblioteca.
Resultou tan interesante como esperabamos, polo que os felicitamos polo seu relatorio.
A obtención da gama de cores nunha impresión a partir das catro cores básicas, a velocidade e nº de copias de impresión, o funcionamento das máquinas de imprimir e outros temas centraron as múltiples preguntas que xurdiron da charla.
Ademais da información recibida, parécennos moi interesantes os procesos intelectuais que posibilitan a aprendizaxe e a recollida de información a partir de textos orais, polos mecanismos que debe empregar o alumnado para interpretar e recordar a información. Por todo isto pareceunos unha xornada ben aproveitada con esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.