O mes de abril veu cargado con poucos días este ano, polo que as actividades arredor do libro seguen desenvolvéndose no mes das Letras.
Mañá martes 6 , contaremos con Gracia Santórum, especialista en literatura infantile xuvenil, profesora de Literatura Galega, escritora e responsable, xunto a Anxo Fernández do blog Trafegandoi ronseis, referente sobre literatura para todas as bibliotecas escolares.
Gracia desenvolverá para todo o profesorado do centro unha charla sobre o álbum ilustrado, para axudarnos a descubrir esas pequenas xoias que todos e todas deberíamos coñecer. Asistirán tamén outras coordinadoras de bibliotecas escolares da zona e profesorado interesado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.