Case dez anos leva connosco Rinoceronte editora , quen en 2005 fixo desde Cangas do Morrazo unha arriscada e novedosa aposta por traer a nosa lingua novas lecturas de innegable calidade no panorama internacional da literatura.
A súa incasable actividade cunha produción anual meritoria, lévaos a publicar baixo distintos e característicos selos: Rinoceronte editora, Sushi Books, Morgante edicións e Pulp books para a publicación de obras da literatura galega contemporánea noutras linguas.
Temos que agradecer ademais da súa innovación no eido literario galego, a colaboración que presta aos centros de ensino, acercando aos rapaces e rapazas o funcionamento do mundo da edición.
O camiño que segue un escrito e un/unha escritor/a desde que produce un texto ata que acaba publicado é o que compartiu co alumnado de Quintela , Anxa Correa, editora de Rinoceronte, repondendo as múltiples curiosidades que suscitou a charla. O proceso de maquetación, a detección de viúvas e orfos , o deseño de textos das lapelas , da capa e contracapa.....son algúns dos aspectos que nos aclarou na súa interesante charla.
Noutra parte da intervención falounos das novidades editoriais e das novas apostas dos distintos selos da editorial, entre eles a novidosa Sushi Books que naceu nun momento de fonda crisis para o mundo editorial galego. Por isto dámoslle a benvida agradecemos os esforzos investidos na nosa lingua e no mundo da lectura.
Comentaremos dous dosi seus títulos máis recentes, que nos dan novas visións sobre o mportantísimo mundo das emocións.
"Monstro pequeno di NON!" e "Os monstros grandes non choran" xa forman parde dos nosos fondos para ampliar o tema da educación emocional para os máis pequenos.
Recomendamos estes títulos tanto polas atinadas ilustracións como polo texto, que sen dúbida será de axuda para moitos nenos e nenas e para familias e profesorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.