07/04/14

O noso mes de abril

Estamos en abril, o mes dos libros. Como outros anos, a nosa programación contempla actividadas variadas para o alumnado, familias e profesorado.
Xa comenzamos coas xuntanzas dos clubs de lectura, que este curso son máis dinámicas e participativas.
Nas aulas estamos no proceso de selección de libros favoritos, o que fomenta discusións e debates para decidir cal é o que máis nos gusta. Pronto empezaremos a ver á porta das aulas o resultado desta discusión.

A programación deste mes ten como eixo o mundo da edición do libro, para isto teremos encontros cunha ilustradora, un escritor, encadernadores/as e editore/as:

  • Exposición de ilustracións orixinais de OQO
  • Charla do escritor/editor Miguel Anxo Alonso Diz, autor  entre outros libros, de "O cullarapo Croque"
  • Charla sobre o traballo editorial de Rinoceronte Editora
  • Charla para o profesorado de Gracia Sanctórum  sobre o album ilustrado
  • Exposición sobre o traballo da encadernación do Departamento de Artes Gráficas do IES Montecelo
E ademais, como todos os anos, as propostas para a familia: "As familias contan", exposición de fondos das librerías do concello e exposición fotográfica " o libro,, protagonista  ".
Na imaxe o cartel conmemorativo ao Día Internacional do Libro Infantil e xuvenil, ilustrado por Nyam Sharkey.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...