Queridas familias:
Estamos no mes de febreiro, o mes do amor. Por este motivo, queremos animarvos a escribir unha frase cariñosa .
Unha frase cariñosa para o voso fillo ou filla, expresando todo o que lle queredes ou como é o amor que sentides por eles/as.
Cubride a frase na folla que vos enviamos. Podedes decorala, quedará aínda mellor.
Cando a teñades, entregádea á titora do voso fillo/a ou na biblioteca, antes de que remate o mes de febreiro.
Grazas pola vosa participación!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.