Despois de "Don Pol e o pequeno Pin", Maximino Portela o pai de Álvaro, agasallounos co seu conto "Sacrificio en el río Coco".
Témolo nunha edición de minilibros cunha fermosa dedicatoria:
"Este libriño escolleu vivir na biblio de Quintela polas marabillas que contan Sofía e Álvaro...mimos, paseos, mar e vento."
Este conto, que ten por protagonistas a unha familia de monos e a un crocodilo, resultou gañador do tradicional Concurso de Cuentos infantiles convocado pola Asociación Cultural Tertulia Goya de Santander.
Parabéns a Max!!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
O rato de cidade volvía de pasar uns días co seu curmán en San Martiño. Si, bo viño e chourizos, pero non tiñan o refinamento da cidade. Devolveu ao seu curmán a invitación, quedaron que se verían en Vigo, e marchou.
ResponderEliminarBaixando por Quintela atopou a Paco, a mascota da biblioteca do cole.
- Quo vadis? – preguntoulle Paco ao rato de cidade.
- A coller o barco a Vigo.
- Pois é domingo, non hai barco. Pero podes pasar a noite aquí.
Serán as vistas, as clases de cociña, as merendas dos nenos, a compaña de Paco…, o caso é que agora na biblioteca de Quintela hai dos ratos.
- Qué meu, hoxe non marchas? – pregunta cada mañá Paco.
Cando volvan poñer barco os domingos – contesta o rato de cidade sen levantar a vista do libro.
Moitas grazas polos parabens e polas perlas con que nos agasallades desde fai tanto tempo.
Max