Bea, Chus, Rosa, Pili e Esther.
O seu horario de traballo na biblioteca:
Luns de 9 a 10, xoves de 9 a 10 e de 4 a 5.
Estas son algunhas das súas tarefas:
- Manter a colección de libros (forrar, reparar, etiquetar, ordenar)
- Fichas e organizar a colección das familias
- Actualizar a cortiza da entrada con novas da biblioteca
- Manter e actualizar o punto de lectura das familias
- Axudarnos coas propostas para o fomento da lectura nas familias.
- Axuda co club de lectura de nais.
Fan unha labor moi importante para nós, profesoras do equipo de biblioteca, porque nos permiten centrarnos nas actividades co alumnado.
Grazas a todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.