04/10/12

Que pasa na biblioteca do cole?


Ainda que estamos moi caladas, non temades, estamos traballando moito!;
O equipo de biblioteca anda argallando moitas cousas!.Este curso estamos no equipo as seguintes profes: Isa, Inés, Merchi, Susana, Belén, Mayca, María e Ana.
  • A partir do vindeiro luns, botamos a andar as mochilas viaxeiras en todos os cursos de Primaria.Este curso son un montón.
  • O equipo de apoio de nais xa empezou a traballar, recollendo os libros do préstamo de verán. Tamén estamos pendentes de reorganizar os días de xuntanza, porque este curso son mais mamás voluntarias.
  • A vindeira semana empezarán os alumnos e alumnas voluntarias de 4º, 5º e 6º a traballar de axudantes de biblioteca.
  • Recibimos xa o primeiro lote de libros das Lecturas de Ida e Volta da Fundación Sánchez Ruipérez. Trátase de unha colección de libros para Infantil e Primeiro ciclo, que podemos desfrutar ata o 15 de Novembro. Xa estamos lendo os libros, que son preciosos.
  • Preparamos os carnés para os novos alumnos e alumnas. Esta curso o noso cole creceu moito, somos un montón!
  • Fichamos un montón de libros que as  familias donan para o préstamo das familias.
  • Preparamos a celebración do Día das bibliotecas escolares, que este ano ten o lema "Biblioteca escolar, acelerador de innovación". Para saber mais, recomendamosvos entrar no blog da asesoría de bibliotecas escolares de Galicia:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/468

Xa vos contaremos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...