12/09/11
O vento vainos levando
Para María Dolores, mestra do IES Luis Seoane de Pontevedra, compañeira de proxectos e ilusións, que nos deixou,...
O VENTO vainos levando,
O vento que sempre bufa,
Que di palabras extrañas,
Que enfeitiza como bruxa.
O vento aliado do mar,
O mar que espera coas furnas,
Coa boca aberta, fatídico,
Moloch terrible de gula.
Mais -vento, mar- todos chiamos
E ouveamos baixo a lúa,
E a lúa só é candil
A nos poner en penumbras.
Mais –vento, mar- , coma tolos,
Todos brincamos na furia
E todos nos esvaímos
Rompéndonos en escuma.
Poema do home que quixo vivir. Bernardino Graña
Etiquetas:
Bernardino Graña,
Curso 2011-2012,
Homenaxe,
Poema
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada
Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.