28/05/11

Aqui traballamos todos e todas

Vos preguntaredes que andamos a facer na biblioteca do cole. Aquí trabállase ata o último día. Mirande senón:

  • A semana pasada andivemos a preparar o festival das Letras Galegas. No noso cole sempre xira arredor do teatro. E moitas das obras son adaptacións de contos.
  • En sexto escenificaron unha adaptación en dous actos do conto "O principe e os esmoleiro" de Mark Twain. Fixeronno xenial. Non vos perdades as súas anécdotas no blog do terceiro ciclo AQUI, si queredes pasar unhas risas.
  • En Infantil representaron  adaptacións de "A princesa do Caurel" AQUÍ, e "O globo vermello".AQUI
  • Os nenos e nenas de 2º representaron o conto " Nubiña pascual".
  • En cuarto curso fixeron unha adaptación de "O espantallo amigo" de X. Neira Vilas.Mirade no blog do segundo ciclo.AQUÍ

  •  O mércores pasado fomos a visitar aos nosos amigos do CEP Brea Segade de Taragoña. Como eles están a traballar o proxecto "A pintura" , nós quixemos axudarlles, e cada curso traballou este mes de maio un pintor galego: Maruxa Mallo, Laxeiro, Rosalía Dans, Castelao,Fixémoslle uns debuxos para levarlles, pero tamén preparamos biografías deles para facer presentacións dixitais.
 Si queredes ver as presentacións que lles estamos facendo para agasallalos, mirade no blog
    AQUÍ VIVIMOS, que é onde as estamos subindo todas.

    Por outra banda, o equipo de apoio de nais traballou os venres na biblioteca fichando todos os libros de préstamo temporal, (préstamos de libros que fan as familias para incrementar a súa colección sen engadir gastos a nosa biblioteca) que son moitos, e xa remataron!!! Están tamén habilitando un recanto de lectura para as familias que esperan o remate das actividades pola tarde.

    O vindeiro martes teremos na biblioteca do cole, a partir das catro da tarde, dous "pases" para as familias, dunha montaxe cos vídeos da entrega de premios "Boas prácticas na biblioteca escolar" en Madrid.

    Ademais estamos preparando a próxima cita do club de lectura da nais, as guías de lectura para o verán, os préstamos de verán, ... Aquí traballamos todos!.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario

    Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

    Blog Widget by LinkWithin
    As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
    var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...