
Hoxe, na hora de ler, tivemos xuntanza na biblioteca cos axudantes de biblioteca.
Son alumnos e alumnas voluntarias que atenden a biblioteca escolar na hora do recreo.
Ao rematar cada trimestre, algúns voluntarios continúan, e outros deixannos para que poidan incorporarse novos voluntarios.
Para o segundo trimestre, imos contar con cinco equipos, un para cada día da semana,formados por parellas ou tríos.
A súa función é ordear, facer respectar as normas, levar o turno de uso dos ordenadores, e cubrir o caderno de incidencias.Todos os axudantes de biblioteca deben ser maiores de 10 anos, xa que é un traballo de responsabilidade.
Para eso, asinan un contrato, do que levan copia.
"Paco" está encantado de ter tantos axudantes.
Parabéns a eses axudantes de biblio!!! Aproveitamos para desexarvos un BO NADAL e un 2011 cheo de momentos felices. Unha aperta de RAIOTECA para o seu amigo PACO.
ResponderEliminarBo Nadal tamén para Raioteca
ResponderEliminar