26/11/10

Un día moi movido no cole

O mércores foi un día moi movido no cole:

Os nenos e nenas de 4º de Infantil , os peques do cole, foron á fonte de Entrevalos e ao lavadeiro da Miranda (mandoulles "Paco", a mascota, Proxecto auga)

Os alumnos/as de segundo de Primaria foron pintar á praia da Xunqueira (Proxecto Innovación)

A profe de terceiro de Primaria empezou a gravar as voces dos seus alumnos/as para un audiovisual sobre as súas mascotas (Proxecto Innovación)

Os nenos e nenas de cuarto de Primaria remataron as súas presentacións dixitais sobre os tiburóns (Proxecto tiburóns)

O alumnado de quinto e sexto de Primaria asistiu a unha charla sobre os cogumenos .(Proxecto Fomento do galego)

E ademais o club de lectura de 5º curso xuntouse na biblioteca,

Que cole máis movido!!!!

1 comentarios:

olga dijo...

Pois... parabens para toda esa actividade que non trae máis (nin menos!) que alegría e sabedoría.
Este Paco...que listiño é!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas