05/11/10

Videoconferencia

Onte o alumnado de terceiro ciclo do noso cole participou nuna videoconferencia programada pola CGENDL, en colaboración coa USC e o CERN a través do IES Porto do Son .
O máis salientable foi o innovador da actividade, e as emocións vividas.
Saber que moitos outros rapaces e rapazas, mestres e mestras estaban a ver e escoitar o mesmo ca nós, lendo no chat as súas impresións era moi emocionante.Máis de 60 centros de Secundaria. O noso era o único de primaria, como salientan os nenos e nenas de 3º Ciclo no seu blog.
E sobre todo saber que uns eminentes científicos e científicas dedicaban o seu tempo a facer comprensible esa parte da Física tan pouco visible, casi esotérica ou achegada á ciencia ficción: a física de partículas
As didácticas explicacións de Teresa Fonseca e Abraham Gallas Torreira trasladáronnos nun abrir e pechar de ollos ao túnel acelerador de partículas e a imaxinación das minúsculas partículas que integran a materia.
Desde a USC nunha experiencia pioneira, os profesores Carlos Salgado e Elena Ferreiro resolveron a morea de dúbidas que sobre o mundo que nos rodea se foron verquendo desde todos os puntos do país.
E despois está a mensaxe para a nosa lingua, que acompañou a estes prestixiosos científicos e científicas na súa esplendorosa carreira sen constituír traba algunha.
Parabéns a todos os organizadores por tan proveitosa actividade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...