27/10/10

Estamos de noraboa!

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de anunciar a resolución aos premios de Innovación en dinamización Lingüística.
De novo, e por segundo ano, o noso centro ve premiado o seu proxecto, (En galego pola rede II) que é unha continuidade do anterior, e no que a biblioteca escolar ten un papel importantísimo.

Os premiados nesta edición, xunto co noso colexio son:
CEIP de Aguiño, en Ribeira (A Coruña), o CRA Mestra Clara Torres, en Tui (Pontevedra), o IES Perdouro, en Burela (Lugo) e o IES Rodeira, en Cangas (Pontevedra)
A información, na páxina da Xunta:
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

1 comentarios:

RAIOTECA dijo...

Parabéns!!!
Estades recollendo os froitos do traballo ben feito. Alegrámonos moito.
Unha aperta dende o cole de Andrade/Pontedeume.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas