04/05/10

Poemas para peques

O 23 de Abril presentouse na librería "A esmorga" de Cangas un novo libro de poemas para nenos e nenas:"Martingadas" publicado por Morgante, un selo de Rinoceronte Editorial."Martingadas" contén poemas para nenos e nenas onde a fantasía e os xogos de palabras están sempre presentes.
O autor, Santiago Freire adiacalle o libro ao seu fillo, o noso alumno Martín Freire.

A presentación asistiron personalidades da cultura local, como Bernardino Graña.
Aquí tedes unha mostra do libro:
A BIBLIOTECA DA ESCOLA
Por si alguén o dubida
na biblioteca escolar
poden facerse amigos
tan só con abrir ó azar
as follas de calquera libro:
un pirata, unha illa, o mar,
un cofre misterioso
que axiña hai que enterrar,
unha princesa enfeitizada
por unha bruxa malvada,
un ogro cruel que encrespa a pel
ou unha toupa que atopa un anel
máxico que a volve invisible.
Nos libros, que o saibades, todo é posible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí o teu comentario. Non esquezas por o teu nome pulsando en "Nombre".Sairá publicado cando nos chegue.

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...