Óscar Villán e Charo Pita chegaron á nosa biblioteca cunha maleta chea de personaxes. Era imposible deixar de velos e escoitalos. Charo prendíanos coa súa voz ás súas historias e Óscar facía maxia coas súas pinturas. Cunha facilidade asombrosa aparecían no encerado crocodilos, coellos, ratiños e ata elefantes. Pura maxia!
E cando remataron deixáronnos un agasallo!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
Visito moi a miúdo este blog. E nunca deixo de asombrarme!! Pero canta maxia hai nesa biblio!! Pero canta imaxinación xorde desas mestras! E canta ilusión desborda do alumnado!! Canta cor! Bicos dende Belesar...
ResponderEliminar