30/07/09

Colorea



A mascota da nosa biblioteca, Paco, está facendo moitas cousas este verán.
Terás un momentiño para colorealo?
Entra no blog de Paco, e descarga algúns debuxos para colorear.
Nos esquezas gardalos,...En setembro queremos velos!!!!

26/07/09

As tres mellizas

As tres mellizas son unhas nenas un pouco traviesas e moi divertidas.



Xoga con elas. Neste páxina podes facer crebacabezas, sopas de letras, xogar ao tetris, e ata dar a volta ao mundo con elas:

Páxina oficial: http://www.lastresmellizas.com/



25/07/09

Lecturas que nos gustan para o verán

Mirade que bonito vídeo para a publicidade dun libro, que ademáis está moi ben:


No noso club de lectura falamos dese libro, e de outros:
CLUB DE LECTURA

24/07/09

Leocadio, o león


Estase celebrando en Cangas a Feira do Libro, que remata este domingo. Non deixedes de pasar por alí.
Onte foi a presentación dun novo libro de "Oli", fermosamente ilustrado por Teresa Novoa e editado por Xerais na colección Merlín.

Trátase de "Leocadio, o león". Conta a historia dun león a quen lle gusta xogar cos nenos, e coas gacelas.
Despois dunha serie de peripecias, convertirase nun león moi famoso.
Un libro que vos vai gustar,...

23/07/09

Revista dixital para rapaces

A Secretaría Xeral de Política Lingüística edita a revista xuvenil de historietas "Galimatías".
Nela hai entrevistas, obradoiros para aprender a debuxar cómics, concursos,..

13/07/09

Perdón por romper os contos


Esta é a carta que os nenos e nenas de 4º de Infantil escribiron á nosa mascota, Paco:

Ola Paco:
Somos as tartarugas de Quintela.
Querémoste moito porque nos traes contos e es o noso amigo.
Queremos pedirche contos do Rato Paco, contos de crocodrilos, de cans, de piratas, lobos, bombeiros, bailarinas, contos de medo e de pitiños.
Paco, perdón por romper os contos, e grazas por arranxalos.

Adiós Paco
Moitos cariños
Aula das tartarugas


No CLUB DE ESCRITURA tedes algunhas cartas do obradoiro de este curso.

01/07/09

Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...