20/06/08

Hoxe estamos tristes

Hoxe estamos tristes. Eva ,a auxiliar de biblioteca contratada polo concello, que tivemos este curso, rematou o seu contrato. Foi un placer contar coa súa axuda, a súa inicicativa e capacidade de decisión e de traballo, a súa total implicación coa biblioteca.Por iso e tan grande a nosa pena.

¡A nosa biblioteca, os nosos alumnos e alumnas, e o equipo de biblioteca xa te estamos botando de menos!. ¡Moita sorte, e moitos biquiños!

Visita a Ramirás

Despois da visita dos nenos e nenas do Ceip Rogelio García Yañez de Ramirás, tocounos a nós ir alá. O mércores fomos cos nenos e nenas de 3º, 4º e 5º curso, e pasamos un día estupendo.

Coñecemos o colexio, compartimos xogos,e xantar, bailamos ( as profes tamén ), saudamos a alcaldesa , visitamos o mosteiro de Celanova e a casa de Curros Enríquez,..¡Un día moi completo!


No autobús.e saúdo da alcaldesa.






A biblioteca gustounos moito.
Despois xogamos no pavillón escolar todos xuntos.
Os monitores fixeronnos xogar a todos.




¡Quedaronnos ganas de volver!

17/06/08

Guías de lectura de verán

Xa temos as guías de lectura de verán.
Esta é a de Infantil:

Esta é a de Primaria:

Podedes descargalas de en Boletíns de AS NOSAS PUBLICACIÓNS, ou directamente de aquí:

http://bibliotecadocole.googlepages.com/boletíns

16/06/08

Os nenos e nenas de Ramirás visítannos

O mércores pasado compartimos un día moi especial cos nenos e nenas do colexio de Ramirás. Aquí vos deixamos unhas fotos do día:


10/06/08

Visita especial


Estamos esperando unha visita moi especial. Mañan os nenos e nenas do 2º e 3º ciclo do Colexio Rogelio García Yáñez de Ramirás, na provincia de Ourense,vannos visitar .
Pola maña van dar un paseo por Moaña, e despois visitarán o noso cole, e compartirán as aulas cos nosos nenos e nenas.
Ao mediodía imos baixar todos xuntos ao Parque de Meira, para xantar á beira do mar.
Despois de comer compartiremos unha tarde de xogos.


Despois iremos nós alá. ¡Temos moitas ganas de coñecelos!

08/06/08

Os alumnos/as de 6º curso avalían a Hora de Ler


Este curso tivemos a HORA DE LER en todos os cursos, dende primeiros de Outubro.Unha sesión diaria de lectura silenciosa, de 20 minutos de duración en Primaria, e 30 minutos en Infantil.
No caso de Primaria , a sesión era á volta do recreo.
Rematando xa o curso, pasamoslle aos nenos e nenas de 6º curso un par de preguntas para que avalien a experiencia:

1-¿Que che pareceu a HORA DE LER ?. ¿Gustouche a experiencia?

2-Nomea algúns dos libros que leiches na HORA DE LER.
As respostas son moi alentadoras. Hai 16 alumnos/as en 6º curso, e todos avalían positivamente a experiencia, con argumentos como:

-“Moi boa, é unha experiencia nova e gustoume ler porque nunca tiña tempo de ler na casa.”. Andrea C.-“Moi ben, sobre todo tantos libros que lin.Gustoume moito porque todo estaba en silencio e asi podíame concentrar millor na lectura” .Laura-“Pareceume boa, eu antes non leía e agora non paro de ler. Gustoume a experiencia porque mellorei a lectura.”.Jose Manuel




-“Pareceume moi ben porque na casa, por algunha que outra cousa , non lía casi nada, e agora todos os libros que empezaba acabeinos nunha semana ou así”.María.-“Ben, porque descansamos despois do recreo”.Raúl C.-“Moi boa, porque podes estar tranquilo lendo, gustoume a experiencia”.Diego-“A min pareceume moi boa experiencia porque agora leo millor. Gustoume ler libros que non leera”. Sergio-“Pareceume unha experiencia divertida e interesante, un tempo no que, en medio das clases, mergullaste na lectura”. Eva-“A min pareceume ben porque poidemos millorar a lectura ainda máis. A experiencia non foi nada do outro mundo, pero estivo ben.”Almudena-“A hora de ler pareceume ben porque temos 5 minutos menos de cada clase. Gustoume ser dos primeiros coles en facela”. Raúl F.-“Moi divertida. Gustoume moito poder ler os libros que ti queiras”.Andrea R.-Moi interesante, porque si non tes tempo en casa , aquí sí”.Daniel.-“A hora de ler pareceume unha experiencia guai”.Fernando-“A hora de ler pareceume unha boa idea para que leamos máis e millor”.Denís.-“A hora de ler pareceume estupenda.Gustoume a experiencia”.Miguel.-“Gustoume , porque me gusta ler moito.”.Martín
E interesante observar que :

1-Son varios os que valoran poder disfrutar dun tempo para ler, que din non ter na casa.


2-Valoran tamén o tempo de silencio e descanso , a parada na rutina diaria.


3-Son conscientes da millora da lectura.


Gústanos especialmente a resposta dese neno que dí que antes non lía nada, e agora le moito.Podemos afirmar que é certo!!



Si queredes saber que libros leron, entrade no CLUB DE LECTURA

05/06/08

Iago López na biblioteca do cole

A nosa biblioteca non para:
O vindeiro xoves, día 12, imos ter a visita de Iago López, que vos vai contar cousas de varios libros que andan a circular polas clases.

Estará no noso cole toda a mañá, e vai facer tres sesións de animación: unha para os pequenos de Infantil, outra para o 1º ciclo de Primaria, e outra para o 2º ciclo e máis os de 5º curso. Os maiores do colexio estarán de excursión en Manzaneda.

Si queredes saber algo máis, entrade na páxina dos nosos amigos do Ceip Pazos de Ferrol.Eles xa tiveron a visita de Iago.Premede en Chispas, a súa mascota:


Selección de libros

Chéganos a través de hora de ler a seguinte información:

A Fundación Sánchez Ruipérez acaba de publicar unha selección dos mellores títulos de literatura infantil e xuvenil publicados nos anos 2006 e 2007. Veredes que en galego hai bastantes.
Hai van algúns que forman parte de esta selección, e están na nosa biblioteca:

"Papá, por favor, achegame a lúa."

"¡A bañarse!"

"A oruga glotona"

"Pegadas xigantes"

"Nadarín"

"Os tres bandidos"

"Tres princesas namoradas"

"Tres desexos"

"Monstruo, no me comas"

"Animais fantásticos"

"28 historias para rir"

"29 historias disparatadas"

"Sálvate, Elías"

"Boas noites"

"Camiños sen nome"

" Gran libro dos retratos animais"

"Peter Pan"

"Cartas de amor"

"Pucho ,o habitador de tellados"





Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...