31/05/08

Ler fainos millores



Seguimos aumentando a nosa colección de libros de Educación emocional, porque "ler fainos millores". Aquí tedes un enlace directo ao nos catálogo de educación emocional.Preme na casiña:
No CLUB DE LECTURA vimos de subir as novidades, e o título de algúns libro para pais e nais, que como xa comentamos dende estas páxinas están tendo moita aceptación .





27/05/08

Corrector de galego

As compañeiras do Equipo de Normalización do noso cole ,recoméndannos o corrector de galego Ortogal, do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.

Funciona de xeito moi sinxelo:

Escribímolo texto na véntana que queremos revisar, e pulsamos en "Comprobar ortografía". Ábrese entón outra ventaiña, que nos sinala os erros, e dános posibles alternativas.

Esta é a dirección:




Hai un enlace fixo , en "Para saber máis".


Por certo, este texto foi revisado co corrector

Semana de Teatro Infantil

Todos os anos, a finais de maio, celébrase a Semana de Teatro Infantil de Moaña ,organizada pola Biblioteca municipal . Os destinatarios destas espectáculos son os escolares de todos os centros de educación infantil e primaria do concello de Moaña.
O luns 26 de Maio os nenos de 3 e 4 anos do noso cole foron ver:

"Carlota e Marieta dan a volta ó planeta" da compañía A Loca Motora (Galicia)


O mércores 28 irán os nenos e nenas de 3º de Primaria, e verán:

"Historias de media suela" da compañía Fernan Cardama (Arxentina)


O xoves 29 serán os de 6º de Infantil e 1º de Primaria os que van ver:

"La historia de un huevo perdido" da compañía Ocelot Teatro (O Salvador)
Tedes máis información na páxina da biblioteca municipal:

26/05/08

Palabras bonitas


Pedimos en todas as aulas que escolleran palabras bonitas, que lles soen ben, que evoquen cousas agradables:
Estas son as que escolleron:
Corazón
Xoaniña
Coello
Aguia
Bruar
Xarope
Morriña
Ledicia
Bolboreta
Agarimo
Millo
Fervenza
Brétema
Lúa
(A algunha profe costoulle convencer aos alumnos de que "Playstation" non valía)
Agora colgan as palabras bonitas na entrada do colexio.

17/05/08

Letras galegas e cine



Este curso a biblioteca do cole adquiriu un lote de cine en galego. Esta venres, dentro das celebracións das Letras galegas, tivemos unhas sesións de cine e proxección dos audiovisuais sobre poemas de Xosé María Alvarez Blázquez que tedes en AUDIOBIBLIO

Letras galegas e educación documental



Esta semana repartimos entre os alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo unhas fichas sobre Xosé María Alvarez Blázquez para cubrir no seu tempo libre, consultando a páxina estática que temos colgada neste blog, e no de Normalizacíón :
É un traballo voluntario.

Cando está cuberta a ficha, a entregan na biblioteca do cole, onde reciben un agasallo.
Está sendo un éxito: Nun par de días xa a presentaron máis dun 60 por cento dos alumnos e alumnas.
Os lugares dende onde consultan ás páxinas son variados: Dende a súa casa, a de un familiar, a biblioteca pública, e por suposto ,dende a nosa biblioteca.

13/05/08

Que tal, vexetal?


Dende que entrou na nosa biblioteca este libro, a titora e os alumnos e alumnas de 4º curso namoraronse del.
O libro titúlase ´"QUE TAL , VEXETAL? .Alimentos con sentimentos".
Os autores do libro percorreron os mercados de Nova York buscando hortalizas expresivas, e puxeronlle feixós para os ollos, e zume de remolacha para as bocas.




O resultado é sorprendente: os vexetais consiguen reflexar unha grande variedade de estados de ánimo.
Os nenos e nenas de 4º puxeronlle voz , e coas ilustracións fixeron unha bonita montaxe, que imos ver todo o cole o vindeiro venres.

12/05/08

Voces para un poema

Os alumnos e alumnas de 5º curso siguen poñendo imaxe e voz aos poemas de Alvarez Blázquez.
Están en AUDIOBIBLIO, pero aquí tedes unha mostra:

Voces e ilustracións de Emma e Mara, de 5º curso.

09/05/08

Hora de ler en Infantil

Dende o mes de outubro,que empezamos a "hora de ler", esa sesión diaria de lectura silenciosa,fannos moitas preguntas dende outros coles sobre a maneira de facelo.

Vemos ademais que a maneira de facelo nas aulas de Infantil suscita moita curiosidade, e moitas das preguntas son sobre estas idades.

Por iso lles pedimos ás compañeiras de Infantil ( Ana, Marian e Belén) que utilicen estas páxinas para explicalo un pouco.Estas son as súas palabras:



INFANTIL TAMÉN TEMOS HORA DE LER.

É UN TEMPO FIXO NO HORARIO LECTIVO:DE 9 A 9.30,A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ.( En primaria é despois do recreo, e dura 20 minutos)

É UN TEMPO DE LECTURA LIBRE,SEN MÁIS OBRIGA QUE A DE SENTARSE CON UN LIBRO NAS MANS.TODOS TEÑEN QUE TER UN LIBRO ,AÍNDA QUE DESPOIS O COMPARTAN CO COMPAÑEIRO OU COMPAÑEIRA.

LER POR LER SEN PEDIRLLES MÁIS QUE ESO:QUE LEAN

E ASI LEN:
-ALGÚNS RECITAN OS CONTOS QUE SABEN DE MEMORIA
-OUTROS CÓNTANLLO ÓS COMPAÑEIROS
-ALGÚN,(A EXCEPCIÓN) PASA AS FOLLAS SEN MIRAR.

OUTROS SO COLLE LIBROS DE ANIMAIS
OUTROS SÓ COLLEN CONTOS

PERO TODOS LEN, DUN OU OUTRO XEITO.

ADEMÁIS, OS QUE LEN ASÍ AGORA, MAÍS ADIANTE PASARÁN A OUTRA ETAPA,
E ASÍ POUCOA A POUCO É UN HÁBITO QUE PERMANECERÁ EN TODA A PRIMARIA E QUE EN INFANTIL ACADA TAMÉN RESULTADOS SORPRENDENTES, TODOS ELES MOI POSITiVOS.

Create Your Own

Un agasallo moi, moi especial


Hoxe un alumno de 6º de Infantil (5 anos) , Alvaro,trouxo para a biblioteca do cole un agasallo moi especial:
UN LIBRO

É un libro especial porque o escribiu o seu pai, Max Portela, e porque trae unha fermosa adicatoria para nós.

O libro conta a historia dun polbo de ollos moi grandes e un cangrexo sen cuncha que...
Si queredes saber máis, está na biblioteca
Ficha do libro:
"DON POL E O PEQUENO PIN"
Textos: Max Portela Freire
Ilustracións: Rodrigo Chao Blanco
Baía Edicións

08/05/08

Seguindo a pista das mochilas

A principios de marzo as mochilas viaxeiras iniciaron a súa viaxe.As familias dos nenos e nenas de 1º curso son os que están a disfrutar desta actividade.

As mochilas, ademáis dos libros e discos, levan unha libretiña onde as familias poden anotar comentarios e suxerencias.

Aquí tedes algúns deses comentarios , que nos enchen de ledicia.





Ademáis, algunhas nais de 1º pedíronnos máis tempo para ler os libros que trataban o tema da educación dos fillos e fillas, porque non lles chegou o tempo para rematalos, e pareceronlle moi interesantes.
Como consecuencia deso, o equipo de biblioteca decidiu mercar máis fondos , e pasarlle un listado aos pais e nais de Infantil e 1º Ciclo, para facer préstamos directos.
¡Tentaremos telo listo canto antes!!!

Poemas para o Día das Letras


Os nenos e nenas de 5º curso están traballando sobre os poemas de Xosé María Álvarez Blázquez .
...
En AUDIOBIBLIO tedes un deses traballos.Mirádeo, está ben bonito.
Por certo ¿gustavos a nosa bandeira?
...
A ver si conseguimos que chegue ao día das letras sin baixas,...
De todos xeitos, temos unha boa reserva de globos,...

Presentación para as Letras Galegas

O equipo de Biblioteca do noso colexio, en colaboración co equipo de Normalización Lingúística , ven de preparar unha presentación cunha breve biografía de Xosé María Álvarez Blázquez para proxectar na vindeira semana.Aquí tedes a mostra:

07/05/08

Finalistas II Premio Edublogs

¡Somos finalistas!. ¡Gracias a todos e todas por estar ahí!

06/05/08

Audiobiblio



Estos días refixemos un pouco o blog, organizando os enlaces, e engadindo outros.Pero ademáis, seguimos medrando:
Vimos de engadir un novo sitio : AUDIOBIBLIO

É unha páxina para subir as montaxes e vídeos que facemos no cole.De momento é pequeniña!
Esperamos que vós guste.

03/05/08

Letras galegas 2008

Xa estamos en maio, o mes das letras galegas.Moitas son as actividades que facemos arredor desa celebración.En todos os cursos estánse preparando pequenas obriñas teatrais, bailes, cancións,...para o festival das Letras Galegas.

Este ano adícanse a Xosé María Alvarez Blázquez.


Aquí tedes unha páxina estática con enlaces a outras páxinas, onde podedes saber da súa vida, e da súa obra:

http://bibliotecadocole.googlepages.com/letrasgalegas2008


E agora parte dun poema:
Durme, neniña,
durme, meu ben;
túa nai ten sono,
teu pai tamén.

¿Saberías decirnos a quen lle adicou este poema?
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...