30/03/08

Abril, mes do libro

Neste mes de Abril hai dúas datas a recordar:

2 de abril, declarado polo Ibby (International board on books for young people) Dia Internacional do Libro Infantil commemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
23 de abril Día do libro e a lectura, en honor a Cervantes e Shakespeare.

No cole de Quintela imos adicarlle o mes de abril ao libro, con moitas actividades :

Contacontos:
¿Lembrades que o curso pasado viñeron algúns ex-alumnos para contarvos contos?.Pois este mes os alumnos e alumnas do Instituto A Paralaia van vir a contarvos contos aos pequenos do cole.
Tamén imos ter a Anxo Fariña . ¿virán con él os pelelliños? ¿e os megatoxos?

Exposicións:
Faremos entre todos unha exposición "Os contos que máis nos gustan".Tamén os pais e nais van ter a súa colaboración nesta exposición.

Obradoiros de escritura:
Imos facer o obradoiro da banda diseñada, no que van participar todos os cursos.

Club de lectura:
Imos ter a primeira reunión do club de lectura sobre "Os megatoxos " de Anxo Fariña.

E algunha sorpresiña mais...¡Xa vos iremos contando!

Programa mes de Abril do Concello de Moaña

O concelleiro de cultura do concello de Moaña, remítenos a seguinte información:

Con motivo da celebración do Día Internacional da Poesía, o 21 de marzo, o Día do Libro infantil, o 2 de abril, e o Día do Libro, o 23 de abril,programamos as seguintes actividades:
Día 28 de marzo: Recital poético de Darío Xohán Cabana na biblioteca municipal a partir das 11:30 da mañá. Esta actividade está dirixida a escolares do concello de Moaña
Día 28 de marzo: Recital poético a cargo de Yolanda Castaño, na Casa da Mocidade, a partir das 20:00 horas. Entrada libre.
Día 2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil: recital poético colectivo de Antía Otero e Yolanda Castaño, na biblioteca de Moaña, a partir das 11:30 h. Actividade dirixida a escolares
O día 11 de abril: Tertulia Literaria Xuvenil. Libro: A sombra descalza (Edicións Xerais de Galicia). Autora invitada: An Alfaya. Casa da Mocidade a partir das 18:00 horas. Entrada libre. Organiza: Lonxa Literaria


O día 18 de abril: Tertulia Literaria: Libro : A casa das belas adormentadas (Rinoceronte Editora). Autor: Yasunari Kawabata. Autor invitado: Mona Imai (tradutora). Casa de Cultura de Abelendo a partir das 21:00 horas. Entrada libre. Organiza: Lonxa Literaria


A partir do 20 de abril : Obradoiro de creación literaria impartido por María Lado (4 horas). Lugar: Biblioteca municipal de Moaña.. Teléfono inscrición: 986 314250


25 de abril Coloquio obradoiro literario na Biblioteca municipal de Domaio (2 horas). A partir das 18:00 horas. Entrada libre. Teléfono información 986 326041


Toda a información está na web de Cultura ou na web da Biblioteca de Quintela.



Un saúdo.

Diego M. Riobó Martínez

Concelleiro de Cultura e Ensino do Concello de Moaña. (Pontevedra)

29/03/08

Recital de poesía

O venres dia 28 os nenos e nenas de 6º foron escoitar un recital poético do escritor Darío Xoán Cabanas, organizado pola biblioteca municipal para commemorar o día da poesía.
Si vos interesa saber mais do poeta, premede na súa foto.


Na biblioteca do cole temos varios exemplares de "O avión de Cangas", cunha adicatoria do autor.


28/03/08

Estamos de aniversario



¡Estamos de aniversario!


Hoxe, dia 28 de marzo, hai un ano que aparecemos na rede.Desde entón, estas páxinas foron medrando, e tamén os amigos e amigas que desde outras bibliotecas escolares comparten con nós post, noticias, información.

Queremos compartir esta tarta con todos eses amigos e amigas, cos alumnos e alumnas do noso cole que participan con tanta ilusión en proxectos e actividades da nosa biblioteca, cos pais e nais que sempre están ahí, e con todos vós, que nos visitades , e ledes estas páxinas.


¡Saúde e libros!



27/03/08

Poesía en segundo

Os nenos e nenas de segundo achegannos este poema que fixeron coas rimas dos seus nomes.





26/03/08

Investiga

Non hai moito vos explicabamos que unha webquest é unha nova forma de aprender, usando os recursos da web.
Queremos propoñervos un traballo de investigación.Tratase de averiguar que cousas pasaron o dia que naciches. ¿A que parece interesante?
Para eso, só tes que premer no carriño, e ...¡a investigar!!!

14/03/08

Día da Poesía



Para celebrar o día da poesía, o vindeiro 21 de Marzo, os nosos alumnos levan un folleto con un par de libros de poesía recomendados.

Tamén levan unha poesia do precioso libro "Chove nos versos" de Antonio García Teijeiro.

Aquí tedes outro poema do seu libro:

Perdida está a choiva
no medio das flores
e inventa carreiros
de todas as cores.

Perdida está a choiva
nun branco mencer
e tras do horizonte
comenza a chover.

Perdida está a choiva
nas pedras do río
e fala cos peixes
mortiña de frío....

E por suposto, non esquezades entrar en

As tres mellizas

Este mes a revista CLIJ (Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil) publica un interesante artigo dedicado a "Las tres mellizas".

As tres mellizas son obra da ilustradora Roser Capdevila , que creou os personaxes basados nas súas fillas, trillizas como as protagonistas da historia.
Estes personaxes gústannos moito porque nunha época na que os protagonistas dos contos eran maioritariamente nenos, elas eran tres nenas travesas, divertidas e moi decididas.

Os títulos iniciaronse con "Las tres mellizas ...ya vamos a la escuela", "Las tres mellizas nos divertimos así" "Las tres mellizas vamos a la nieve"....etc.Tedes estes contos na nosa biblioteca.

Despois do seu éxito convertíronse nunha serie de debuxos animados...

Si queredes saber máis sobre elas, entrade na súa páxina:



11/03/08

Club de lectura

Estamos preparando xa a primeira cita para o Club de lectura do cole, que vai ser para comentar o libro de Anxo Fariña "Os megatoxos".
Para ir entrando no tema, tedes no noso CLUB DE LECTURA virtual, unha enquisa para ver cal dos protagonistas nos gusta máis.Só tes que premer para votar.¡Vota!

06/03/08

Mulleres e Arte



“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)

Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.


05/03/08

10 Mulleres de cine no século XXI

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que botar man do cine.

Hoxe, anticipándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.
Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna é vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.



Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.




Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.


04/03/08

Mochilas viaxeiras



Hoxe saen do cole as mochilas viaxeiras.Van estar doce días nas casas dos nenos e nenas de primeiro.Nelas hai unha selección de libros e música para toda a familia.Van acompañadas de un caderniño onde anotar as impresións e suxerencias.¡Boa viaxe e feliz lectura!
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...