27/02/08

Novidades na biblioteca



No CLUB DE LECTURA estamos poñendo algunhas das novidades, para os máis maiores do cole, e tamén para pais e nais. Botadelle unha ollada!



22/02/08

Harry Potter e as reliquias da morte


Onte saiu a venda o último libro da saga de Harry Potter: "Harry Potter e as reliquias da morte".Publicouse en galego ao mesmo tempo que en castelán e en catalán.

Por fin descubriremos o desenlace da historia.

Hoxe puxemolo na biblioteca do cole,pero rápidamente "marchou " en préstamo.¡Que non cunda o pánico: o luns teremos máis exemplares!

19/02/08

¡Sorpresa!



Hoxe tivemos unha gran sorpresa na biblioteca:

A profesora do taller de costura, Amparo, e os seus alumnos e alumnas fixeron para a biblioteca a mascota.Moitos dias de traballo, a escondidas das profes da biblioteca.
¡Un biquiño para todos!

Club de lectura



Ainda que temos o Club de lectura virtual, onde subimos os comentarios dos nosos alumnos e alumnas sobre os libros que están lendo, tiñamos ganas de facer un club de lectura na biblio, como moitos centros de secundaria, e algún de Primaria.


Esta semana pusémolo en marcha. O libro escollido é "Os megatoxos e o aprendiz de druida" de Anxo Fariña.


Seguindo os consellos das nosas compañeiras do Ceip Fermín Bouza Brey de Ponteareas, propusemosllo aos do 3º ciclo de primaria .O nivel de participación é tan grande, que os libros non chegaron, e hai lista de espera.


A data para xuntarnos e comentar o libro, será o mes que ven.


En Abril esperamos a visita de Anxo Fariña.


Si querede saber máis do autor,aquí tedes o seu blog:


15/02/08

Lonxa literaria



A asociación "Lonxa literaria" de Moaña funciona dende hai anos facendo diversas actividades en torno ao libro e a lectura, e mesmo colaborando cos colexios nalgúns proxectos, coma os "Contos Viaxeiros".

A "Lonxa" vai celebrar hoxe, 15 de Febreiro unha tertulia xuvenil na Casa da Mocidade ,co escritor Marcos S. Calveiro ,autor do libro "O carteiro de Bagdag", que ven de recibir o XVIII Premio Ala Delta. Nesta tertulia participan varias ex-alumnas, entusiastas lectoras dende nenas.


"Estamos en Bagdad , a cidade atravesada polo Tigris, a que aparece nos contos das mil e unha noites, a que hoxe resiste baixo as bombas, entre o fogo cruzado. A xente vive esculcando o ceo, as escolas pecharon e os cativos xa que non xogan na rúa. Alle a todo, Ibrahim reparte o correo na súa motocicleta. Leva no peto unha misteriosa carta que está decidido a entregar custe o que custe."[Contracapa do libro]

A tertulia de adultos será o día 22 na biblioteca municipal de Quintela, e a obra a debate será "A sombra descalza" de An Alfaya.

14/02/08

Webquest

Unha webquest é un modo novo de aprendizaxe,usando os recursos da web.

E unha maneira atractiva e diferente de aprender.Imos empezar por unha webquest moi bonita, sobre o fondo do mar.E apropiada para os pequenos de Infantil e 1º ciclo.
Chega a nós a través de " O recanto de Mik", que é a páxina dos amigos e amigas do Ceip Mestres Goldar , de Castrelos.
Para entrar preme na entrada:




12/02/08

Contacontos

Os nenos e nenas de 6º de Infantil, tiveron unha sesión de contacontos o día 8 de febreiro na biblioteca municipal coa argentina Graciela Deza.
Contoulles historias de nenas e nenos, que lles gustaron moito.Tamén lles contou "Os tres bandidos" e " O cuiño independente"

10/02/08

Unha ratiña na biblioteca

No entroido, atopamos unha ratiña na biblioteca:

01/02/08

Salón do Libro Infantil e Xuvenil


Estase a celebrar en Pontevedra o IX Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
Este ano está adicado O MAR.

Como todos os anos, haberá obradoiros de poesía, de ilustración,de música,de medio ambiente, de graffiti, de danza…
Tamén hai contacontos, teatro,..
As exposición son moi interesantes, ahí van algunhas:
Mostra de libros de editoriais galegas e do Estado.
“Cousas do mar” de máislibros.
“O camiño do Anxo” de Anxo Fariña
“Maquetas a mares” do alumnado de Belas Artes de Pontevedra.
“Tecedor de contos “de Xabier P. DoCampo
“Aulas de mar” exposición de traballos escolares.

Estas exposicións estarán abertas ata o 16 de marzo…
Non deixedes de pasarvos por alí.
Máis información:

http://www.salondolibro.org/
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...