31/01/08

Exposición



Este ano, na biblioteca do cole fixemos unha exposición de libros relacionados coa Paz.A novidade estivo en que a selección de libros fixeronna os alumnos e alumnas de Primaria. Pedimoslle que escolleran tres ou catro libros por curso. Os criterios eran os que vedes no cartel: libros sobre a paz, a solidaridade, a igoaldade,...

Os profesores e profesoras non podían intervir na selección..

Sorprendeunos positivamente o bó criterio.Foinos moi difícil manter a exposición, pois os levaban en préstamo




Si queredes saber máis, no CLUB DE LECTURA tedes parte dos libros.

29/01/08

Pola paz (VI )

Falamos de guerras, falamos de paz. Falamos dos nosos desexos dun mundo mellor. Fermoso sería que as armas fosen xoguetes que nunca servisen para matar. Conseguilo é o noso obxectivo.

Empeñados como estamos, proclamamos cada día
NON ÁS GUERRAS
Sexto traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da PAZ

22/01/08

O dia da paz




No ano 1981 a Organización de Naciones Unidas(ONU ),decidiu que o 30 de Xaneiro se commemorase o día da Paz en todo o mundo.Para eso faise un chamamento para que cesen as hostilidades e a violencia ese día en todo o mundo.





Escolleuse ese día por ser o aniversario da morte de Gandhi, un líder pacifista da India.


Este curso, no cole imos a reflexionar sobre o tema , a través dos xogos, nas clases.Teremos tamén na biblioteca unha pequena exposición sobre

libros que tratan o tema.



Aquí tedes unha páxina moi interesante, para saber máis.Preme enriba do debuxo :


20/01/08

Pola paz






Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de saber abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar as nosas existencias: PAZ.
E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí.
Dende hoxe até o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar unha mellor sociedade do futuro

18/01/08

Poesía para a Paz

Agora que está perto o Día da Paz, mirade que fermosa iniciativa recollemos Via MESTURAS, blog do IES Sánchez Cantón de Pontevedra:


15/01/08

Exposición "Illas Atlánticas"



Na biblioteca de Pontevedra están expostos ata o día 20 de Xaneiro os traballos de todos os coles que participaron no programa "Mergullándonos nas Illas Atlánticas".Os nenos e nenas de 6º participaron cun conto que acadou o 3º premio.Todos os traballos son moi interesantes e animámosvos a que vaiades visitala.





O conto podedes lelo no CLUB DE ESCRITURA



10/01/08

Libros polo Nadal


Estamos preguntando nos diferentes cursos do cole que libros recibiron de agasallo polo Nadal.De momento podemos ver que o gañador é "Gerónimo Stilton", com moita diferencia.Síguelle "Junie B. Jones",e logo,...pero millor miradeo vós no CLUB DE LECTURA.

08/01/08

Nove meses

Hoxe comenzamos as clases con renovadas enerxias, e con gañas de contarvos cousas.

Por exemplo , que xa hai nove meses que naceron éstas páxinas, e que neste momento levamos contabilizadas máis de 4.100 visitas.

Esta era a páxina coa que comenzamos a nosa andaina:
http://bibliotecadocole.blogspot.com/2007_03_01_archive.html

Nestes meses aprendimos moito, e sobre todo alégranos ver como cada vez somos máis bibliotecas escolares, contando, compartindo, aprendendo,..
Blog Widget by LinkWithin
As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas
var linkwithin_site_id = 42636; Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...